jueves, 16 de abril de 2009

VISITA AO MARCO

Un día o curso de 6ª fomos o museo "O Marco" a ver a exposición "7+1 pojets rooms".
Primeiro deixamos as mochilas e abrigos nunhas taquillas, fomos o obradoiro que estaba decorando con outras esculturas feitas por outros nenos/as , nos fixemos uns cadros: primeiro pintamos uns cartóns de distintas cores, vermello, azul,verde...Despois o deixamos secar mentres facíamos unhas figuras con cartulinas de cores,cando rematamos os cadros decidimos se os deixabamos alí para decorar ou se queríamos levalos a casa, algúns os deixamos e outros os levamos a nosa casa.Saímos do obradoiro e fomos a ver unha escultura que eran uns arneses negros colgados do teito e cada dez min. caian pero non se estampaban no chan. Despois fomos a ver unha escultura que significaba a igualdade e mais tarde nos levaron a ver unha maqueta do edificio e nos dixeron que antigamente alí había unha carcere. Cando remataron de explicalo, levaronnos a outra escultura de terra que significaba a destrucción dos bosques e, por último, entramos nun corredor que tiña varias habitacións todas pintadas de negro con varios libros cada unha e unha luz moi pequeniña e cada mesa era distinta, cada minuto que pasabas alí era un ano para o preso.

0 comentarios: