Mostrando entradas con la etiqueta Medio Ambiente. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Medio Ambiente. Mostrar todas las entradas

sábado, 27 de marzo de 2010

Fixemos pan de MILLO CORVO


O xoves, 18 de marzo do 2010, fomos de excursión a Meiro (Bueu), a ver como se facía o pan de millo. A festa que fan chámase “Millo Corvo”.
Fomos en autobús os dous cursos, 5º e 6º. A viaxe só durou 10 minutos. Cando chegamos a Meiro, o primeiro que fomos facer foi ir ver como se poñían as espigas no hórreo. As espigas eran moradas, unhas estaban colgadas no teito e outras, en montañas, no chan.
Despois fomos a casa dunha señora chamada Pepa a ver como se fan as brasas no forno e como era o pan de millo, pero claro, aínda estaba crú. Menos mal que saímos de alí, porque facía moita calor.
Cando saímos fomos ver os muíños e como se facía a fariña. Primeiro botábanse os grans de millo na moega. Eses grans ían parar á moa, que coa axuda do cacarexo, que é un pau, triturábaos e entón xa estaba lista a fariña.
Déronnos un pouco de fariña para probar e fomos ver dous muíños máis.
Cando acabamos de ver os muíños fomos de novo á casa de Pepa. A maioría dos nenos peneiraron a fariña. Facíase cunha peneira e caía nunha bacía.
Xa era hora de probar o pan de millo. Era morado por dentro, igual que as espigas. O pan estaba bo. Eu comín dous trozos, como a maioría.
Xa era hora de marcharse. Despedímonos das persoas que nos acompañaron e volvemos en autobús para o Colexio de “A Rúa”.
Javi Mariño



Ao baixar do autobús, os alumnos de 5º e 6º de ¨A RÚA¨, por parellas, foron pola beira da estrada, cunhas vistas preciosas. Subiron por unha costa acompañados dun señor maior, Manuel, e dun río que ía cara abaixo.
Chegaron a un hórreo onde coñeceron a Bruno, a Estrella e a Vitoria. Lles explicaron as partes dos hórreos e subiron en grupos de 3 a dentro do hórreo. Neste, había mazarocas de millo corvo colgadas do teito, e algunhas polo chan. Nas cestas, debullaban as mazarocas.
 Cando remataron de ver o hórreo, foron a casa de Pepa, que é a casa onde teñen o forno para cocer o pan. Ao saír de casa de Pepa, foron cara uns muíños, e esta vez, quen lles dirixía, era Pepe. Ao chegar ao muíño, entraron nel.
Había moitas pezas, e as máis esenciais eran:
-Pé, moa, moega e cacarexo. Era un muíño de auga, e coñeceron a un rapaz novo que se chamaba Tono.
Alí merendaron e ao rematar, volveron a casa de Pepa, para buscar o pan, que xa estaba feito.
 Ao chegar, había un pouco de fume, pero recendía que alimentaba. Agardando a que non queimara o pan, peneiraron a fariña.
 Chegara o momento. Como lles gustou o pan de millo corvo!
Patricia Molanes

miércoles, 28 de octubre de 2009

¿TEMOS O “PUNTO LIMPO” EN A RÚA E NON NOS ENTERAMOS?

¿Que pasa en A Rúa que cada día aparecen montes de lixo?


O lixo diante do Colexio A Rúa da asco. De quen é obra isto non se sabe.

Isto fano pola noite os maiores, e agora ata polo día. É incrible, pero isto non o fan nin os nenos pequenos. ¿Somos bebés ou que?


O día 27 de outubro o lixo segue aí, pero agora é distinto. Hai neumáticos, rodas, botes de pintura e botes de gas. ¿É NORMAL ISTO?

Os puntos limpos están para algo, pero en Cangas o pecharon.

-¿Por que?

- Non o sabemos.

O lixo non pode estar fóra dos contedores. Non nos comportemos coma nenos pequenos e sexamos responsables co medio ambiente. ¡¡¡BASTA XA!!!


Cando se ve un contedor cheo, pódese buscar outro para tirar o lixo. Non costa nada e tamén fas exercicio.



¿¿¿¡¡¡VOSTEDES CREN QUE É NORMAL!!!???


Nós cremos, e nisto estamos todos de acordo, que este desastre poderiámolo arranxar se todos somos limpos e educados.

O lixo pódese evitar se todos somos máis limpos e reciclamos máis.

E se todos somos máis limpos, o mundo será mellor.


Alumnos e alumnas de 6º