miércoles, 23 de diciembre de 2009

O PROBLEMA DE EINSTEIN

Din que Einstein propuxo este problema dicindo que o 98% da poboación mundial non sería quen de resolvelo.
Non sabemos se foi ideado por Einstein, pero o que é seguro, é que non é tan complicado. Ti podes resolvelo.

Problema: ¿Quen ten o peixe?

1. Hai 5 casas de diferentes cores.
2. En cada casa vive unha persoa de diferente nacionalidade.
3. Estes 5 propietarios beben diferentes bebidas, almorzan con diferentes galletas e ten cada un, diferente dos demais, certo animal.
4. Ningún deles ten o mesmo animal, toma as mesmas galletas nin bebe a mesma bebida.
5. A pregunta é: ¿Quen ten o peixe?

Pistas:
1. O inglés vive na casa vermella.
2. O sueco ten can.
3. O danés toma té.
4. O noruegués vive na primeira casa.
5. O alemán toma galletas Integrais.
6. A casa verde queda inmediatamente á esquerda da branca.
7. O dono da casa verde toma café.
8. A persoa que come galletas Napolitanas cría paxaros.
9. O dono da casa amarela toma galletas Tostadas.
10. O home que vive na casa do centro toma leite.
11. O home que come biscoitos vive ao lado do que ten un gato.
12. O home que ten un cabalo vive ao lado do que come Tostadas.
13. O home que come galletas Cracker toma cervexa.
14. O home que come biscoitos é veciño do que toma auga.
15. O noruegués vive ao lado da casa azul.

Deberás saber non só quen ten o peixe, sino tamén a cor da casa, que galletas come e que bebe.

Podes baixar unha folla para facelo: AQUÍ

PARA DARLLE AO COCO

Aquí vos deixo uns pasatempos para estas vacacións. Se queredes podedes enviar os resultados (nº = solución) a lpeglez@gmail.com


1.- Dous pais e dous fillos foron pescar. Tres peixes pescaron e tocou a un peixe cada un.

Como puido ser?

2.- A un señor que ía sen paraugas nin chapeu, pillouno onte un chaparrón. A roupa empapóuselle, pero pese a levar a cabeza descuberta, non se mollou nin un pelo.

Como é iso posible?

3.- Cal é a palabra de cinco letras que ao quitarlle unha queda tamén unha?

4.- Dous homes xogan un partido de tenis ao mellor de cinco set. Cando terminan o partido ambos gañaron tres set. Como pode ser isto?

5.- Por que os perruqueiros de Villablino prefiren cortar o pelo a dez gordos antes que a un fraco?

6.- “Este loro é capaz de repetir todo o que oia", aseguroulle a unha señora o dono dunha paxarería. Pero unha semana despois, a señora que o comprou estaba de volta na tenda, protestando porque o loro non dicía nin unha soa palabra. E con todo, o vendedor non lle mentiu. Podes explicalo ti?

7.- Que debemos facer para que os mosquitos non nos piquen de noite?

8.- Como se pode transportar auga nun coador?

9.- Que instrumento musical ten só unha corda?

10.- Un avión comercial vai voando e no instante en que cruza a fronteira entre España e Portugal empézanlle a saír os dentes a un bebé que viaxa cos seus pais. Con estes datos, podes deducir onde lle saen os dentes ao bebé?

11.- Para que usan os campesiños tirantes de cor?

12.- Unha avioneta ten un accidente e estrélase xusto na fronteira entre España e Portugal. Onde corresponderá enterrar aos superviventes?

13.- É posible mediante cinco cifras impares sumar 20? (Pódense repetir)

jueves, 17 de diciembre de 2009

Xa chega o Nadal !!!!!!!! e...

Xa chega o Nadal !!!!!!!! e... nenas e nenos da Rúa... xa deberíades facer a carta para os Reis Magos ou Papa-Noel, pois eles xa están agardando para saber que lle coller a cada neno ou nena.
E que non se vos esqueza poñer a árbore de Nadal, que se non... quédabos a casa un pouco sosa.
Bueno... agardamos que vos traian moitos agasallos e que o pasedes ben...

BO NADAL A TODOS !!!!!!!

Patricia Molanes

miércoles, 16 de diciembre de 2009

¡¡¡ NEVOU EN CANGAS !!!

(Historia do que foi ou non foi. Non o sabemos, pero o certo é que quedamos na casa porque ía ser.)

Cando espertei e fun abrir a cortina da cociña, encontreime o balcón cheo de neve. Cando saín á rúa, ben abrigadiña, todo o mundo estaba patas arriba...
Con moito coidado fun facer un moneco de neve enorme, na praia de Rodeira, que estaba chea de neve e moi bonita; aquí tedes unha foto das Illas Cíes.

Todo Cangas era un caos: os coches e a xente esvaraban por todos lados.
Pero o mellor da neve en Cangas foi xogar cos meus amigos a facer monecos de neve, a escorregar con táboas e bolsas pola Avenida de Marín.
Gustaríame que nevara outra vez no meu pobo, aínda que creo que estaremos mellor preparados para a próxima nevada...

Carolina Sechi Miranda.

O día da gran nevada

Hoxe, mércores, día 16 de decembro non houbo clase.

-Por que?

-Pois porque hoxe está caendo unha enorme nevada, a maior recordada na historia de Cangas.

As rúas están cheas de nenos xogando coa neve, e a rúa Real está chea de persoas tirándose en trineo pola gran costa. Pero para os coches no hai tanta sorte e esvaran polo xeo chocándose uns cos outros (os que non teñen cadeas).


Esta sería a imaxe prevista para hoxe segundo a Xunta, pero en Cangas nin granizou, e a xente está nas súas casas esperando ilusionados a que chegue a neve.

Caetano.

viernes, 11 de diciembre de 2009

O sabio ignorado

NIKOLA TESLA

Nikola Tesla nacido en Similjan, Croacia, no seo dunha familia serbia, o 10 de xullo de 1856 e falecido en Nova York o 17 de xaneiro de 1943. Foi un físico matemático inventor e enxeñeiro Educouse en Graz e en Praga, onde estudou enxeñería eléctrica. No ano 1881 trasladouse a Budapest para traballar nunha compañía de telégrafos norteamericana, trasladándose a París o ano seguinte para traballar nunha das compañías de Thomas Alva Edison, onde realizou a súa maior achega: a teoría da corrente alterna en electricidade, o cal permitiulle idear o primeiro motor de indución en 1882.

En 1884 trasládase a Nova York, creando a súa propia compañía en 1886 tras romper as súas relacións laborais con Edison.

En 1887 consegue construír o motor de indución de corrente alterna e traballa nos laboratorios Westinghouse, onde concibe o sistema polifásico para trasladar a electricidade á longas distancias. En 1893 consegue transmitir enerxía electromagnética sen cables, construíndo o primeiro radiotransmisor (adiantándose a Guglielmo Marconi).

Co apoio financeiro de George Westinghouse, a corrente alterna substituíu a continua, sendo Tesla considerado coma o fundador da industria eléctrica. En 1891 inventou a bobina que leva o seu nome. A unidade de campo magnético no Sistema Internacional de Unidades tamén leva o seu nome.

Nikola Tesla ideou un sistema de transmisión de electricidade inalámbrico, de tal forma que a enerxía podería ser levada dun lugar a outro mediante ondas.

Laura Bouza e Caetano Eirea.