lunes, 28 de junio de 2010

CHAOOOO, QUERIDO COLE!!!!

Nove aniños, non esquezo nin un anaquiño.
Son millóns de días de alegría, de xogos, de diversón, e os mellores recordos inesquecibles.
Son as amizades que fixemos e os esforzos dos nosos profesores, que sempre estiveron connosco e fixeron de nós unha memoria chea de recordos e moitísimas aprendizaxes.
Dende logo, tampouco esqueceremos a Paco, o noso conserxe de toda a vida coas fotocopias e o sorriso na cara; nin conserxes sustitutos, nin paparruchas. O noso é Paco.
E eses recordos, ninguén nolos sacará da cabeza.

PATRICIA M.
---------------------------------------------------------

Sen máis rodeos. Eu só digo unha palabra:

GRACIAS

LAURA B.
--------------------------------------------------

sábado, 5 de junio de 2010

EXCURSIÓN A CORUÑA

sábado, 22 de mayo de 2010

OOOOOOOHH!!!! REMATOUSE MANZANEDA!!!

sábado, 27 de marzo de 2010

Fixemos pan de MILLO CORVO


O xoves, 18 de marzo do 2010, fomos de excursión a Meiro (Bueu), a ver como se facía o pan de millo. A festa que fan chámase “Millo Corvo”.
Fomos en autobús os dous cursos, 5º e 6º. A viaxe só durou 10 minutos. Cando chegamos a Meiro, o primeiro que fomos facer foi ir ver como se poñían as espigas no hórreo. As espigas eran moradas, unhas estaban colgadas no teito e outras, en montañas, no chan.
Despois fomos a casa dunha señora chamada Pepa a ver como se fan as brasas no forno e como era o pan de millo, pero claro, aínda estaba crú. Menos mal que saímos de alí, porque facía moita calor.
Cando saímos fomos ver os muíños e como se facía a fariña. Primeiro botábanse os grans de millo na moega. Eses grans ían parar á moa, que coa axuda do cacarexo, que é un pau, triturábaos e entón xa estaba lista a fariña.
Déronnos un pouco de fariña para probar e fomos ver dous muíños máis.
Cando acabamos de ver os muíños fomos de novo á casa de Pepa. A maioría dos nenos peneiraron a fariña. Facíase cunha peneira e caía nunha bacía.
Xa era hora de probar o pan de millo. Era morado por dentro, igual que as espigas. O pan estaba bo. Eu comín dous trozos, como a maioría.
Xa era hora de marcharse. Despedímonos das persoas que nos acompañaron e volvemos en autobús para o Colexio de “A Rúa”.
Javi Mariño



Ao baixar do autobús, os alumnos de 5º e 6º de ¨A RÚA¨, por parellas, foron pola beira da estrada, cunhas vistas preciosas. Subiron por unha costa acompañados dun señor maior, Manuel, e dun río que ía cara abaixo.
Chegaron a un hórreo onde coñeceron a Bruno, a Estrella e a Vitoria. Lles explicaron as partes dos hórreos e subiron en grupos de 3 a dentro do hórreo. Neste, había mazarocas de millo corvo colgadas do teito, e algunhas polo chan. Nas cestas, debullaban as mazarocas.
 Cando remataron de ver o hórreo, foron a casa de Pepa, que é a casa onde teñen o forno para cocer o pan. Ao saír de casa de Pepa, foron cara uns muíños, e esta vez, quen lles dirixía, era Pepe. Ao chegar ao muíño, entraron nel.
Había moitas pezas, e as máis esenciais eran:
-Pé, moa, moega e cacarexo. Era un muíño de auga, e coñeceron a un rapaz novo que se chamaba Tono.
Alí merendaron e ao rematar, volveron a casa de Pepa, para buscar o pan, que xa estaba feito.
 Ao chegar, había un pouco de fume, pero recendía que alimentaba. Agardando a que non queimara o pan, peneiraron a fariña.
 Chegara o momento. Como lles gustou o pan de millo corvo!
Patricia Molanes

miércoles, 17 de marzo de 2010

O NOSO CADERNO DE CAMPO

CARTAS AO DIRECTOR

Que é o importante agora?
Non sei moito de política pero algo sei de humanidades e polo pouco que sei do tema, atreveríame a dicir que á maioría da  xente impórtanlle máis os campos de fútbol do Morrazo, o campo do Alondras, pero, a cantos de nós nos importa o decreto ou como din o decretazo?
Pensade vós cando leades isto, de verdade, a que lle dades is importancia?
Pensade que nós os nenos temos que expresarnos na nosa lingua natal se non queremos que o Galego se extinga.  Nos nosos colexios temos que falar galego algo máis (non pido moito) que o castelán e o inglés. O castelán o aprenderemos facilmente se viaxamos por fora de Galiza (ou por dentro) pero o galego non.
A pesar diso, quen se preocupa por nos? Nin sequera una cuarta parte de galegos intenta parar o decretazo ou manifestarse contra el.
Isto non é unha carta para manifestarse contra alguén, pero iso non significa que non estea dicindo nada, posto que é para que a xente se dea conta do que fai.
Caetano Eirea Orro.

martes, 16 de marzo de 2010

PRIMEIRO CROSS DA RÚA

O domingo día 14, fíxose o primeiro cross da Rúa.

Xa levabamos tempo esperándoo. Eramos un dos pouquiños colexios que non facían cross.

Primeiro correron os Alevíns, despois os Benxamíns, logo foron os Mini-Benxamíns,

e seguírono os Pitufos 5 anos, Pitufos 4 anos e Pitufos 3 anos.

Despois animáronse a correr os pais e nais.

Gañaron moitos nenos de A Rúa e quedou claro de que somos un colexio con moi bós atletas. Despois repartiron bolsas con bocatas, mazáns, auga...

Houbo premios ata o octavo. Nalgunhas categorías deron ata dez trofeos.

Pasámolo moi ben e esperamos a que chegue o do seguinte ano.

domingo, 14 de marzo de 2010

Participamos no Concurso da ONCE

viernes, 12 de marzo de 2010

EXCURSIÓN A VIGO


O día 10 de marzo, os alumnos de sexto do C.E.I.P. “A RÚA” foron a  Vigo a visitar uns museos. Un deles foi ó MARCO (Museo de Arte Contemporanea). Fomos visitar a exposición de Candida Höfer. É una fotografa alemana que cos seus axudantes, os arquitectos, fai fotos de lugares vacíos e sen xente. Tamén lle gusta que a foto sexa de grandes dimensións.

A exposición ‘PROJECTS DONE’ reúne obras realizadas por Candida Höfer.

Foron a varias salas nas que había fotos realizadas por ela. Había fotos e en todas habia a mesma escultura pero en lugares diferentes e noutra sala había fotos de animais en zoolóxicos e en sitios onde non deberían estar.

Ao final fomos a unha sala a facer manualidades. Fixemos unha habitación de cartolina. Primeiro pintamosas paredes e o chan. Logo pintamos os mobles e os pegamos ao chan. Tamén lle puxemos espello, cama e alfombra.

Por: Luis Carnero

Museo Marco

Hoxe día 10 de Marzo de 2010, fomos a calle Príncipe, Vigo, a ver unha exposición de cadros contemporáneos.
Os cadros, os fixo unha muller alemá chamada Cándida Höfer, que traballa con arquitectos. Vimos algunhas das súas fotos, son moi bonitas e algunhas moi grandes.
Demos un paseo polo museo para ver todas as súas obras, a que mais me gustou e esta:
Despois de ver todas as súas obras fomos facer un taller de debuxo. Tiñamos que facer unha habitación, con todos os mobles que nos daban as monitoras do museo. Tiñamos que pintala como queriamos ou como a nosa habitación de verdade. Moita xente pintouna como quería, pero eu a pintei como a miña.
Eu quitei un par de fotos, non moitas, as que máis me gustaron.
Despois de facer tantas fotos e facer o taller de debuxo, subimos no autobús ata chegar ao noso colexio. Subimos ata a nosa clase a coller todo, mentres o noso profesor nos dixo que fixeramos esta redacción.

Por: Carolina Sechi.