sábado, 27 de marzo de 2010

Fixemos pan de MILLO CORVO


O xoves, 18 de marzo do 2010, fomos de excursión a Meiro (Bueu), a ver como se facía o pan de millo. A festa que fan chámase “Millo Corvo”.
Fomos en autobús os dous cursos, 5º e 6º. A viaxe só durou 10 minutos. Cando chegamos a Meiro, o primeiro que fomos facer foi ir ver como se poñían as espigas no hórreo. As espigas eran moradas, unhas estaban colgadas no teito e outras, en montañas, no chan.
Despois fomos a casa dunha señora chamada Pepa a ver como se fan as brasas no forno e como era o pan de millo, pero claro, aínda estaba crú. Menos mal que saímos de alí, porque facía moita calor.
Cando saímos fomos ver os muíños e como se facía a fariña. Primeiro botábanse os grans de millo na moega. Eses grans ían parar á moa, que coa axuda do cacarexo, que é un pau, triturábaos e entón xa estaba lista a fariña.
Déronnos un pouco de fariña para probar e fomos ver dous muíños máis.
Cando acabamos de ver os muíños fomos de novo á casa de Pepa. A maioría dos nenos peneiraron a fariña. Facíase cunha peneira e caía nunha bacía.
Xa era hora de probar o pan de millo. Era morado por dentro, igual que as espigas. O pan estaba bo. Eu comín dous trozos, como a maioría.
Xa era hora de marcharse. Despedímonos das persoas que nos acompañaron e volvemos en autobús para o Colexio de “A Rúa”.
Javi Mariño



Ao baixar do autobús, os alumnos de 5º e 6º de ¨A RÚA¨, por parellas, foron pola beira da estrada, cunhas vistas preciosas. Subiron por unha costa acompañados dun señor maior, Manuel, e dun río que ía cara abaixo.
Chegaron a un hórreo onde coñeceron a Bruno, a Estrella e a Vitoria. Lles explicaron as partes dos hórreos e subiron en grupos de 3 a dentro do hórreo. Neste, había mazarocas de millo corvo colgadas do teito, e algunhas polo chan. Nas cestas, debullaban as mazarocas.
 Cando remataron de ver o hórreo, foron a casa de Pepa, que é a casa onde teñen o forno para cocer o pan. Ao saír de casa de Pepa, foron cara uns muíños, e esta vez, quen lles dirixía, era Pepe. Ao chegar ao muíño, entraron nel.
Había moitas pezas, e as máis esenciais eran:
-Pé, moa, moega e cacarexo. Era un muíño de auga, e coñeceron a un rapaz novo que se chamaba Tono.
Alí merendaron e ao rematar, volveron a casa de Pepa, para buscar o pan, que xa estaba feito.
 Ao chegar, había un pouco de fume, pero recendía que alimentaba. Agardando a que non queimara o pan, peneiraron a fariña.
 Chegara o momento. Como lles gustou o pan de millo corvo!
Patricia Molanes

1 comentarios:

Chus dijo...

Que bo estaba!!
Eu probei un cachiño dunha bola que deixaron os profes na sala.