miércoles, 28 de octubre de 2009

¿TEMOS O “PUNTO LIMPO” EN A RÚA E NON NOS ENTERAMOS?

¿Que pasa en A Rúa que cada día aparecen montes de lixo?


O lixo diante do Colexio A Rúa da asco. De quen é obra isto non se sabe.

Isto fano pola noite os maiores, e agora ata polo día. É incrible, pero isto non o fan nin os nenos pequenos. ¿Somos bebés ou que?


O día 27 de outubro o lixo segue aí, pero agora é distinto. Hai neumáticos, rodas, botes de pintura e botes de gas. ¿É NORMAL ISTO?

Os puntos limpos están para algo, pero en Cangas o pecharon.

-¿Por que?

- Non o sabemos.

O lixo non pode estar fóra dos contedores. Non nos comportemos coma nenos pequenos e sexamos responsables co medio ambiente. ¡¡¡BASTA XA!!!


Cando se ve un contedor cheo, pódese buscar outro para tirar o lixo. Non costa nada e tamén fas exercicio.



¿¿¿¡¡¡VOSTEDES CREN QUE É NORMAL!!!???


Nós cremos, e nisto estamos todos de acordo, que este desastre poderiámolo arranxar se todos somos limpos e educados.

O lixo pódese evitar se todos somos máis limpos e reciclamos máis.

E se todos somos máis limpos, o mundo será mellor.


Alumnos e alumnas de 6º


jueves, 16 de abril de 2009

Os sacapenas

A lenda conta que si lle contabas as túas penas a un sacapenas e despois o poñías debaixo da almofada, o día seguinte sacabache as penas.

Esta lenda comezou en Guatemala.

Para confeccionar un sacapenas precísase: Agulla, teas, fío, tesoiras, fibra ou algodón, Super Glue, lá, moita paciencia e imaxinación.

1) Dóbrase unha téa e debúxase a silueta dun sacapenas. Despois, cuidadosamente, cosese a silueta, e despois recortase a silueta con unha marxe e deixando un buraco sen coser para enchelo.

2) Enchese o sacapenas con fibra ou algodón e cosese o burato que deixamos antes.

3) Cósenselle fíos de lá á cabeza para face-lo pelo.

4) Por ultimó se lle fai a roupa con teas que sobraron.

VISITA AO MARCO

Un día o curso de 6ª fomos o museo "O Marco" a ver a exposición "7+1 pojets rooms".
Primeiro deixamos as mochilas e abrigos nunhas taquillas, fomos o obradoiro que estaba decorando con outras esculturas feitas por outros nenos/as , nos fixemos uns cadros: primeiro pintamos uns cartóns de distintas cores, vermello, azul,verde...Despois o deixamos secar mentres facíamos unhas figuras con cartulinas de cores,cando rematamos os cadros decidimos se os deixabamos alí para decorar ou se queríamos levalos a casa, algúns os deixamos e outros os levamos a nosa casa.Saímos do obradoiro e fomos a ver unha escultura que eran uns arneses negros colgados do teito e cada dez min. caian pero non se estampaban no chan. Despois fomos a ver unha escultura que significaba a igualdade e mais tarde nos levaron a ver unha maqueta do edificio e nos dixeron que antigamente alí había unha carcere. Cando remataron de explicalo, levaronnos a outra escultura de terra que significaba a destrucción dos bosques e, por último, entramos nun corredor que tiña varias habitacións todas pintadas de negro con varios libros cada unha e unha luz moi pequeniña e cada mesa era distinta, cada minuto que pasabas alí era un ano para o preso.

ENTROIDO 2009

O entroido no colexio "A Rúa" foi o día 20 de febreiro do 2009.
Entramos ás 9:30 horas, coma tódolos días, e ensallamos a nosa canción: "Tiña Tanto que darte" de Nena Daconte.
Despois fixemos merendola con comidas propias do entroido. Cando acabamos fomos ó recreo, que durou media hora como tódolos días.
Ó acabar o recreo puxémonos ós disfraces (íamos de emoticóns) e fomos ao desfile, ao redor do colexio.
Cando chegamos presentamos (os de 6º) as cancións dos outros ciclos, foron así:

  • 3, 4 e 5 anos.
  • 1º e 2º de primaria.
  • 3º e 4º de primaria.
  • 5º e 6º de primaria.
Ó acabar queimamos o " Momo" e despois fomos para casa.