A lenda conta que si lle contabas as túas penas a un sacapenas e despois o poñías debaixo da almofada, o día seguinte sacabache as penas.
Esta lenda comezou en Guatemala.
Para confeccionar un sacapenas precísase: Agulla, teas, fío, tesoiras, fibra ou algodón, Super Glue, lá, moita paciencia e imaxinación.
1) Dóbrase unha téa e debúxase a silueta dun sacapenas. Despois, cuidadosamente, cosese a silueta, e despois recortase a silueta con unha marxe e deixando un buraco sen coser para enchelo.
2) Enchese o sacapenas con fibra ou algodón e cosese o burato que deixamos antes.
3) Cósenselle fíos de lá á cabeza para face-lo pelo.
4) Por ultimó se lle fai a roupa con teas que sobraron.
2 comentarios:
Grazas a tódolos nenos e nenas de 6º por colaborar nesta iniciativa. Os sacapenas quedáronvos moi simpáticos.
Parabéns polo voso blog e ánimo con el!!
Dende a "Biblioteca en maiúsculas para xente minúscula", vimos de concedervos o premio "Olha que blog maneiro"; que ven sendo algo así como "mira ti que blog tan chulo".
Pasades polo noso blog a recollelo?
Bicos!
Publicar un comentario