miércoles, 17 de marzo de 2010

CARTAS AO DIRECTOR

Que é o importante agora?
Non sei moito de política pero algo sei de humanidades e polo pouco que sei do tema, atreveríame a dicir que á maioría da  xente impórtanlle máis os campos de fútbol do Morrazo, o campo do Alondras, pero, a cantos de nós nos importa o decreto ou como din o decretazo?
Pensade vós cando leades isto, de verdade, a que lle dades is importancia?
Pensade que nós os nenos temos que expresarnos na nosa lingua natal se non queremos que o Galego se extinga.  Nos nosos colexios temos que falar galego algo máis (non pido moito) que o castelán e o inglés. O castelán o aprenderemos facilmente se viaxamos por fora de Galiza (ou por dentro) pero o galego non.
A pesar diso, quen se preocupa por nos? Nin sequera una cuarta parte de galegos intenta parar o decretazo ou manifestarse contra el.
Isto non é unha carta para manifestarse contra alguén, pero iso non significa que non estea dicindo nada, posto que é para que a xente se dea conta do que fai.
Caetano Eirea Orro.

1 comentarios:

Chus dijo...

Parabéns ao autor desta carta. Penso que é moi importante que a xente nova reclame o dereito a adquirir unha boa competencia na propia lingua, os políticos teñen que tomar nota e non mirar cara outro lado.