miércoles, 16 de diciembre de 2009

¡¡¡ NEVOU EN CANGAS !!!

(Historia do que foi ou non foi. Non o sabemos, pero o certo é que quedamos na casa porque ía ser.)

Cando espertei e fun abrir a cortina da cociña, encontreime o balcón cheo de neve. Cando saín á rúa, ben abrigadiña, todo o mundo estaba patas arriba...
Con moito coidado fun facer un moneco de neve enorme, na praia de Rodeira, que estaba chea de neve e moi bonita; aquí tedes unha foto das Illas Cíes.

Todo Cangas era un caos: os coches e a xente esvaraban por todos lados.
Pero o mellor da neve en Cangas foi xogar cos meus amigos a facer monecos de neve, a escorregar con táboas e bolsas pola Avenida de Marín.
Gustaríame que nevara outra vez no meu pobo, aínda que creo que estaremos mellor preparados para a próxima nevada...

Carolina Sechi Miranda.

1 comentarios:

Chus dijo...

¿Que pasaría na Rúa Real si estivera cunha manta de neve?
¿Chegaría alguén ao fondo da mesma sen sentar o cu no chan unha ducia de veces?
¿Serían quen de subir as persoas cos carriños da compra?
Eu imaxino a situación e xa me da a risa só de pensalo.