Aquí vos deixo uns pasatempos para estas vacacións. Se queredes podedes enviar os resultados (nº = solución) a lpeglez@gmail.com
1.- Dous pais e dous fillos foron pescar. Tres peixes pescaron e tocou a un peixe cada un.
Como puido ser?
2.- A un señor que ía sen paraugas nin chapeu, pillouno onte un chaparrón. A roupa empapóuselle, pero pese a levar a cabeza descuberta, non se mollou nin un pelo.
Como é iso posible?
3.- Cal é a palabra de cinco letras que ao quitarlle unha queda tamén unha?
4.- Dous homes xogan un partido de tenis ao mellor de cinco set. Cando terminan o partido ambos gañaron tres set. Como pode ser isto?
5.- Por que os perruqueiros de Villablino prefiren cortar o pelo a dez gordos antes que a un fraco?
6.- “Este loro é capaz de repetir todo o que oia", aseguroulle a unha señora o dono dunha paxarería. Pero unha semana despois, a señora que o comprou estaba de volta na tenda, protestando porque o loro non dicía nin unha soa palabra. E con todo, o vendedor non lle mentiu. Podes explicalo ti?
7.- Que debemos facer para que os mosquitos non nos piquen de noite?
8.- Como se pode transportar auga nun coador?
9.- Que instrumento musical ten só unha corda?
10.- Un avión comercial vai voando e no instante en que cruza a fronteira entre España e Portugal empézanlle a saír os dentes a un bebé que viaxa cos seus pais. Con estes datos, podes deducir onde lle saen os dentes ao bebé?
11.- Para que usan os campesiños tirantes de cor?
12.- Unha avioneta ten un accidente e estrélase xusto na fronteira entre España e Portugal. Onde corresponderá enterrar aos superviventes?
13.- É posible mediante cinco cifras impares sumar 20? (Pódense repetir)
0 comentarios:
Publicar un comentario