Hoxe, mércores, día 16 de decembro non houbo clase.
-Por que?
-Pois porque hoxe está caendo unha enorme nevada, a maior recordada na historia de Cangas.
As rúas están cheas de nenos xogando coa neve, e a rúa Real está chea de persoas tirándose en trineo pola gran costa. Pero para os coches no hai tanta sorte e esvaran polo xeo chocándose uns cos outros (os que non teñen cadeas).
Esta sería a imaxe prevista para hoxe segundo a Xunta, pero en Cangas nin granizou, e a xente está nas súas casas esperando ilusionados a que chegue a neve.
Caetano.
1 comentarios:
Nevará mañá?
Imaxino o patio do cole branquiño e mol.
Imaxino un boneco de neve cun gran sorriso
Imaxino unha acalorada batalla de bolas xeadas
Imaxino...
Sería un bonito agasallo de Nadal!
Publicar un comentario