miércoles, 10 de marzo de 2010

"PrOjEcTs DoNe" De CaNdIdA hÖfEr


Hoxe dez de marzo, os alumnos de sexto de primaria, fomos ao Museo do Marco a ver unha exposición chamada “Projects Done” de Candida Höfer e os seus arquitectos. A súa exposición reúne proxectos fotográficos feitos dende 1968 a 2008. 
Candida Höfer é unha fotógrafa alemana, a quen lle encanta facer fotografías sen xente na imaxe porque di que as fotografías con persoas sáenlle peor. Nalgunhas fotografías hai persoas, pero son moi raras.  
 
Outra das súas características, é que a fotografía é un espazo vacío, e iso permítenos como............. se puidéramos imaxinar unha historia en cada imaxe. Ademais, algunhas das súas fotos, levan réplicas, como estatuas, pero en diferentes cidades do mundo, Londres, París, etc. 
 
Tamén nesa mesma exposición hai imaxes na que saen animais, pero, donde están encerrados hai pinturas sobre o hábitat do animal. 
 
Despois, fumos facer un taller. No taller tivemos que facer un espazo privado, unha habitación. Para facelo derónnos un papel para pintar, e despois uns mobles de papel, tamén para colorear.

Por: Laura Bouza Leirós

sábado, 9 de enero de 2010

O tempo que tivemos en Cangas




Precipitación total: 1.482,1  l/m2

martes, 5 de enero de 2010

A Illa dos Tesouros




No máis profundo do Caribe, cinco piratas enterraron os seus tesouros nunha mesma illa. Debedes descubrir en que praia desembarcou cada pirata, onde enterrou o seu tesouro e en que consistía este.
Pistas:
  1. Ningún pirata enterrou o tesouro na mesma praia en que desembarcou.
  2. O Capitán Blood enterrou moedas de ouro, pero non o fixo no centro da illa.
  3. Quen desembarcou na praia Este (non foi o Capitán Morte) levou tecidos de seda e ouro.
  4. Quen desembarcou na praia Sudoeste enterrou o tesouro na praia Oeste.
  5. O Capitán Negro desembarcou na praia Oeste. Non levaba vaixelas.
  6. Na praia Sur desembarcáronse diamantes que non se enterraron na praia Norte.
  7. O Capitán Murder desembarcou na praia Norte, pero non enterrou o seu tesouro no centro da illa.
  8. As perlas enterráronse na praia Este.

As variables son:
Piratas: Blood, Maldito, Morte, Murder, Negro.
Praias: Este, Norte, Oeste, Sudoeste, Sur.
Tesouros: Diamantes, Moedas, Perlas, Tecidos, Vaixelas.
Enterramentos: Centro, Este, Norte, Oeste, Sur.


Podes baixar unha folla para facelo: AQUÍ


lunes, 4 de enero de 2010

 Extraído do blog: "Sexto en Canal" do C.P. La Canal-Luanco (Asturias)
 Autor: Nestor

miércoles, 23 de diciembre de 2009

O PROBLEMA DE EINSTEIN

Din que Einstein propuxo este problema dicindo que o 98% da poboación mundial non sería quen de resolvelo.
Non sabemos se foi ideado por Einstein, pero o que é seguro, é que non é tan complicado. Ti podes resolvelo.

Problema: ¿Quen ten o peixe?

1. Hai 5 casas de diferentes cores.
2. En cada casa vive unha persoa de diferente nacionalidade.
3. Estes 5 propietarios beben diferentes bebidas, almorzan con diferentes galletas e ten cada un, diferente dos demais, certo animal.
4. Ningún deles ten o mesmo animal, toma as mesmas galletas nin bebe a mesma bebida.
5. A pregunta é: ¿Quen ten o peixe?

Pistas:
1. O inglés vive na casa vermella.
2. O sueco ten can.
3. O danés toma té.
4. O noruegués vive na primeira casa.
5. O alemán toma galletas Integrais.
6. A casa verde queda inmediatamente á esquerda da branca.
7. O dono da casa verde toma café.
8. A persoa que come galletas Napolitanas cría paxaros.
9. O dono da casa amarela toma galletas Tostadas.
10. O home que vive na casa do centro toma leite.
11. O home que come biscoitos vive ao lado do que ten un gato.
12. O home que ten un cabalo vive ao lado do que come Tostadas.
13. O home que come galletas Cracker toma cervexa.
14. O home que come biscoitos é veciño do que toma auga.
15. O noruegués vive ao lado da casa azul.

Deberás saber non só quen ten o peixe, sino tamén a cor da casa, que galletas come e que bebe.

Podes baixar unha folla para facelo: AQUÍ

PARA DARLLE AO COCO

Aquí vos deixo uns pasatempos para estas vacacións. Se queredes podedes enviar os resultados (nº = solución) a lpeglez@gmail.com


1.- Dous pais e dous fillos foron pescar. Tres peixes pescaron e tocou a un peixe cada un.

Como puido ser?

2.- A un señor que ía sen paraugas nin chapeu, pillouno onte un chaparrón. A roupa empapóuselle, pero pese a levar a cabeza descuberta, non se mollou nin un pelo.

Como é iso posible?

3.- Cal é a palabra de cinco letras que ao quitarlle unha queda tamén unha?

4.- Dous homes xogan un partido de tenis ao mellor de cinco set. Cando terminan o partido ambos gañaron tres set. Como pode ser isto?

5.- Por que os perruqueiros de Villablino prefiren cortar o pelo a dez gordos antes que a un fraco?

6.- “Este loro é capaz de repetir todo o que oia", aseguroulle a unha señora o dono dunha paxarería. Pero unha semana despois, a señora que o comprou estaba de volta na tenda, protestando porque o loro non dicía nin unha soa palabra. E con todo, o vendedor non lle mentiu. Podes explicalo ti?

7.- Que debemos facer para que os mosquitos non nos piquen de noite?

8.- Como se pode transportar auga nun coador?

9.- Que instrumento musical ten só unha corda?

10.- Un avión comercial vai voando e no instante en que cruza a fronteira entre España e Portugal empézanlle a saír os dentes a un bebé que viaxa cos seus pais. Con estes datos, podes deducir onde lle saen os dentes ao bebé?

11.- Para que usan os campesiños tirantes de cor?

12.- Unha avioneta ten un accidente e estrélase xusto na fronteira entre España e Portugal. Onde corresponderá enterrar aos superviventes?

13.- É posible mediante cinco cifras impares sumar 20? (Pódense repetir)

jueves, 17 de diciembre de 2009

Xa chega o Nadal !!!!!!!! e...

Xa chega o Nadal !!!!!!!! e... nenas e nenos da Rúa... xa deberíades facer a carta para os Reis Magos ou Papa-Noel, pois eles xa están agardando para saber que lle coller a cada neno ou nena.
E que non se vos esqueza poñer a árbore de Nadal, que se non... quédabos a casa un pouco sosa.
Bueno... agardamos que vos traian moitos agasallos e que o pasedes ben...

BO NADAL A TODOS !!!!!!!

Patricia Molanes

miércoles, 16 de diciembre de 2009

¡¡¡ NEVOU EN CANGAS !!!

(Historia do que foi ou non foi. Non o sabemos, pero o certo é que quedamos na casa porque ía ser.)

Cando espertei e fun abrir a cortina da cociña, encontreime o balcón cheo de neve. Cando saín á rúa, ben abrigadiña, todo o mundo estaba patas arriba...
Con moito coidado fun facer un moneco de neve enorme, na praia de Rodeira, que estaba chea de neve e moi bonita; aquí tedes unha foto das Illas Cíes.

Todo Cangas era un caos: os coches e a xente esvaraban por todos lados.
Pero o mellor da neve en Cangas foi xogar cos meus amigos a facer monecos de neve, a escorregar con táboas e bolsas pola Avenida de Marín.
Gustaríame que nevara outra vez no meu pobo, aínda que creo que estaremos mellor preparados para a próxima nevada...

Carolina Sechi Miranda.

O día da gran nevada

Hoxe, mércores, día 16 de decembro non houbo clase.

-Por que?

-Pois porque hoxe está caendo unha enorme nevada, a maior recordada na historia de Cangas.

As rúas están cheas de nenos xogando coa neve, e a rúa Real está chea de persoas tirándose en trineo pola gran costa. Pero para os coches no hai tanta sorte e esvaran polo xeo chocándose uns cos outros (os que non teñen cadeas).


Esta sería a imaxe prevista para hoxe segundo a Xunta, pero en Cangas nin granizou, e a xente está nas súas casas esperando ilusionados a que chegue a neve.

Caetano.

viernes, 11 de diciembre de 2009

O sabio ignorado

NIKOLA TESLA

Nikola Tesla nacido en Similjan, Croacia, no seo dunha familia serbia, o 10 de xullo de 1856 e falecido en Nova York o 17 de xaneiro de 1943. Foi un físico matemático inventor e enxeñeiro Educouse en Graz e en Praga, onde estudou enxeñería eléctrica. No ano 1881 trasladouse a Budapest para traballar nunha compañía de telégrafos norteamericana, trasladándose a París o ano seguinte para traballar nunha das compañías de Thomas Alva Edison, onde realizou a súa maior achega: a teoría da corrente alterna en electricidade, o cal permitiulle idear o primeiro motor de indución en 1882.

En 1884 trasládase a Nova York, creando a súa propia compañía en 1886 tras romper as súas relacións laborais con Edison.

En 1887 consegue construír o motor de indución de corrente alterna e traballa nos laboratorios Westinghouse, onde concibe o sistema polifásico para trasladar a electricidade á longas distancias. En 1893 consegue transmitir enerxía electromagnética sen cables, construíndo o primeiro radiotransmisor (adiantándose a Guglielmo Marconi).

Co apoio financeiro de George Westinghouse, a corrente alterna substituíu a continua, sendo Tesla considerado coma o fundador da industria eléctrica. En 1891 inventou a bobina que leva o seu nome. A unidade de campo magnético no Sistema Internacional de Unidades tamén leva o seu nome.

Nikola Tesla ideou un sistema de transmisión de electricidade inalámbrico, de tal forma que a enerxía podería ser levada dun lugar a outro mediante ondas.

Laura Bouza e Caetano Eirea.