viernes, 12 de marzo de 2010

O Marco


O día 10 de marzo de 2010 fomos o MUSEO MARCO, Museo de Arte Contemporánea.
Xa fomos numerosas veces e o coñecemos ben, pero esta vez a súa exposición pillounos desprevidos: era a exposición dunha fotografa alemá chamada, Cándida Höfer. Esta fotografa é moi estraña xa que fai fotos de espazos moi grandes de gran beleza pero sen ninguén. Case nunca aparece ningunha persoa na foto agás nalgúns proxectos especiais. Outra cousa que nos impresionou moito das fotografías eran as súas dimensións eran ENOOOOOOOOOOOOORMES.
 A min a que máis me gustou foi a do Casino de Lisboa porque tiña moita cor e era como moitas fotos. Impresionante! 
Tamén había un conxunto de fotografías de animais encerrados e outro conxunto de fotos no que estaba a mesma escultura en diferentes lugares.
Ao final de todo, antes de irnos, fomos á sala onde se facían as actividades, alí había máis colexios traballado.
Berta (a nosa guía) díxonos que como Cándida Höfer facía fotos de espazos sen xente, nós tamén. E puxémonos a traballar pintando e amoblando unha habitación. Cando acabamos fixémoslles fotos.
Por: Caetano Eirea.

0 comentarios: